A información que figura neste sitio web poderá ser modificada e actualizada pola Investigadora Principal (IP) sen aviso previo no que fai referencia ao seu contido e ao seu deseño e presentación.
 
A IP é titular dos dereitos de propiedade intelectual do deseño e dos códigos que se recollen no seu dominio, a non ser que se faga referencia noutro sentido. Os signos distintivos de calquera tipo están igualmente protexidos pola lexislación vixente. Reproducilos, distribuílos, comercializalos ou modificalos sen permiso expreso supón unha infracción dos dereitos de propiedade intelectual.
 
Segundo o establecido na Lei 15/1999, de 13 de decembro de Protección de Datos de Carácter Persoal, informámolo de que os datos que facilite serán incorporados a ficheiros de titularidade e responsabilidade exclusiva do proxecto ALPI. Se decide proporcionar os seus datos persoais completando o formulario a través da páxina web, esa información empregarase exclusivamente para responder e para notificar as actualizacións do sitio. Non se crean perfís individuais coa súa información, nin o sitio recolle información con fins comerciais. O único responsable da veracidade e da corrección dos datos é o propio usuario.
 
A información xeográfica e os textos contidos neste sitio poden non ser exactos, xa que deben actualizarse periodicamente.
 
O sitio facilita enlaces a páxinas externas sobre as que non ten control e con respecto ás que se declina calquera responsabilidade.
 
 
Licenza de uso
Permítese exclusivamente o uso non comercial da información obtida neste sitio, entendendo como tal o que non supoña aproveitamento económico directo, indirecto ou diferido. Calquera uso distinto precisará dun convenio específico co productor da información.
 
Sempre que se mostre ou se difunda información procedente do ALPI, aínda que se incorpore de xeito parcial ou se utilice para calquera produto derivado, o usuario debe comprometerse a citar a fonte.