Esta sección está dedicada aos documentos gráficos obtidos no contexto dos traballos do Atlas Lingüístico de la Península Ibérica que se conservan no Fondo Rodríguez-Castellano (Biblioteca Tomás Navarro Tomás, CCHS, do CSIC en Madrid). A maior parte fórmana fotografías ou debuxos que corresponden á lista temática para a que os cuestionarios pedían unha fotografía ou aos esquemas que certas preguntas requirían. Na páxina 50 do Caderno II E e na páxina 27 do Caderno II G figura esta lista encabezada polo título Fotografías:
- Carro.
- Xugo.
- Cestos de vimbio, palla, esparto, etc.
- Ferramentas do cultivo da terra (aixada, legón, angazo, sacho, etc.).
- O arado.
- Utensilios da recolección (gadaña, angazo, trillo, forquita, criba, etc.).
- A vide e o viño (cesto, prensas, etc.).
- A casa do labrador (conxunto e dependencias). Vistas características da aldea.
- Mobles (escano, arcas, berces, candís, etc.).
- A cociña e os seus utensilios (louza de guisar, comer, fregar; vasillas para a auga, para lavar a roupa, etc.).
- Pezas do vestido (roupas, sombreiros, calzado).
- Persoas.
A partir destas instrucións, os enquisadores fixeron fotografías que se axustan a estes temas, algunhas de gran valor etnográfico. É unha mágoa que só se conserven as do Fondo Rodríguez-Castellano. En xeral, levan escritas no reverso unha breve descrición e a súa localización da man do enquisador, por iso se decidiu dixitalizar tamén as traseiras das fotos, que en ocasións resultan interesantes. Clasificáronse de acordo cos campos que a base de datos prevé para as respostas dos cuestionarios, que aparecen categorizados no despregable Clasificación. Deste xeito é posible facer buscas en todas as fotos e os gráficos clasificables, por exemplo, baixo “O tempo atmosférico”, “O home e a muller. Indumentaria”, “A casa”, etc.
- O terreo e a auga
- O tempo atmosférico
- O tempo cronolóxico
-
Agricultura
- O arado
- O carro
- A oliveira e o aceite
- A vide e o viño
- Labores agrícolas
- A sega
- O xugo
-
Animais
- Animais do campo. Mamíferos
- Animais do campo. Paxaros
- Animais domésticos
- Animais domésticos. A mata
- Insectos
- Animais. Outros
- Gandería
- Gandería. O leite e o queixo
- Apicultura
-
Árbores e plantas
- Cultivadas
- Silvestres
-
O home e a muller
- A familia e o ciclo da vida
- Calidades e outros
- O corpo humano
- Indumentaria
-
A casa
- A casa. Construción
- Ocupacións domésticas
-
Actividades humanas e oficios
- Albanelería
- O muíño e o pan
- Ferrería
- Carpintería
- Zapatería
- Outros oficios
- A igrexa
- Xogos e instrumentos
- Números, pesos e medidas
- Actividades humanas e oficios. Varios
- Oracións e sintagmas
- Información gramatical complementaria
- Refráns e adiviñas
- Narracións
- Outros
A través do cadro que figura á esquerda, a busca pode combinarse con outros datos que aparezan no pé de foto, datos referidos a un lugar concreto, a unha provincia, a un obxecto determinado, etc. E, tecleando Suxeitos, poden recuperarse as imaxes de moitos dos suxeitos de enquisa, os informadores, a quen debemos as informacións do ALPI.