Nesta páxina poderán consultarse os contidos dos cuestionarios do ALPI que se pasaron á base de datos. A consulta poderá realizarse de varios xeitos. Debido ás características da aplicación, é aconsellable dispoñer dun navegador Mozilla Firefox ou Google Chrome co plugin de Flash para poder ver as imaxes sen problemas. A aplicación funciona tamén noutros navegadores, pero poden dar problemas á hora de visualizar certos contidos.

 

Como os traballos de elaboración non están rematados en todos os lugares, optamos por ofrecer aquí, a xeito de mostra do que finalmente será o conxunto de datos, as respostas correspondentes a dez preguntas de léxico recollidas en cada un dos puntos da rede de enquisa. Estas dez preguntas, elixidas pola súa riqueza e interese, pertencen a varios campos semánticos contidos no Caderno II do cuestionario. Son as seguintes:

458    Chícharos (Guisantes)   600a  Cadeira (Cadera)
493    Xoaniña (Mariquita)   704    Berce (Cuna)
496    Lagartixa (Lagartija)   751    Levar ao lombo (Llevar a cuestas)
502    Lavandeira (Aguzanieves)   753a  Dar pinchacarneiros (Dar volteretas)
520a  Porco bravo (Jabalí)   825    Fermento (Levadura)

As respostas a estas preguntas corresponden a 527 puntos de enquisa, identificados no mapa I do ALPI. Pinchando sobre o mapa, pode aumentarse o tamaño e desprazarse ata localizar a área de interese. Unha vez localizada, debe buscar os puntos de enquisa que desexa consultar. A consulta pode facerse por localidade, por provincias ou ben combinando distintas posibilidades. Tamén están previstas como opción de consulta as zonas que estableceron os investigadores do ALPI. Entre parénteses colócanse os números dos cuestionarios que abrangue cada zona:

· Galicia (100-151),   · Andalucía e Murcia (500-570),
· Portugal (200-292),   · Navarra e Aragón (600-639),
· Asturias, León e Extremadura (300-377),   · Andorra, Rosellón, Cataluña, Valencia e as Illas Baleares (700-803)
· as dúas Castelas con Albacete (400-489),    

Por medio da Consulta, obtéñense as respostas en transcrición fonética e na ortografía correspondente a cada dominio lingüístico, acompañadas da clasificación semántica e de calquera anotación aclaratoria que fose engadida polos enquisadores. Como se sinalou, a consulta pode limitarse a un lugar concreto ou a varios, a unha provincia ou a varias, a unha zona determinada ou a máis dunha zona. Os resultados tamén poden cartografarse a partir dun sistema, aínda nunha primeira fase de deseño, que permite visualizalos mediante símbolos sobre os puntos consultados ou ben por medio de polígonos de cores que cobren o terreo correspondente.

Un arquivo de axuda (descargar) facilita o uso da Consulta.

Fig.5

Formulario de consulta das respostas "briezu"

Fig.15

Táboa de resultados de 'cuna'

Fig.6

Táboa de resultados e opcións de cartografado das respostas "briezu"

Resultados de busca de "briezu"

Fig.15

Resultados de busca de "cun-" y "ber-"