Para o desenvolvemento deste proxecto, o CSIC contou coa colaboración imprescindible das universidades das que proceden os membros do equipo, coas que asinou un convenio específico, e coa doutras institucións coas que chegou a acordos concretos.

O Instituto da Lingua Galega dixitalizou xenerosamente boa parte dos cuestionarios e xestionou axudas para traballar sobre os materiais galegos, axudas financiadas coa colaboración da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.

A Universidad Autónoma de Madrid facilitou a primeira reunión do equipo, e o seu Vicerrectorado de Política Científica e Infraestructura de Investigación concedeu dúas bolsas de colaboración durante tres anos (entre 2010 e 2013) para traballar sobre puntos casteláns e aragoneses.

O Centro de Linguística da Universidade de Lisboa contou, desde abril de 2010 ata xullo de 2011, cunha axuda sostida con fondos do Programa Plurianual da Fundação para a Ciência e a Tecnologia e, a partir de agosto de 2011, pasou a recibir unha bolsa Fernão Mendes Pinto do Camões - Instituto da Cooperação e da Língua.

O Vicerectorat de Política Docent i Científica de la Universitat de Barcelona concedeu dúas bolsas de colaboración durante os anos 2010-2011. Neste sentido, cómpre destacar a sinatura dun convenio específico para o proxecto ALPI entre o CSIC, a Universitat de Barcelona e o Institut d’Estudis Catalans (IEC), polo que o IEC dotou tres bolsas para apoiar a elaboración dos materiais correspondentes ás variedades catalás no equipo radicado na Universitat de Barcelona.

 

   Logo IEC