Para coordinar o traballo, o equipo científico, nas reunións que celebrou durante estes anos, foi definindo unha serie de criterios que servisen de guía para as persoas que interveñen no delicado proceso de transcrición e elaboración dos datos. Entre outras moitas cuestións, era preciso pasar as respostas dos cuestionarios á base de datos sen perder nada do que se transcribiu neles, transcribilas establecendo correctamente as equivalencias entre o Alfabeto Fonético da Revista de Filología Española e o Alfabeto Fonético Internacional, incluír as observacións dos enquisadores, establecer unha forma ortográfica de referencia e clasificar a resposta nun campo semántico determinado que permitise a súa vinculación con outras. Ademais, decidiuse recoller calquera información marxinal, xa fose en forma de anotacións soltas, de narracións curtas, de pequenos debuxos, etc., e relacionala coas preguntas do cuestionario e co campo ao que correspondese para poder recuperala.

As decisións respectivas fóronse adoptando pouco a pouco, aínda que resultaban urxentes para incorporalas ao deseño e ao desenvolvemento da ferramenta informática. Quedaron reflectidas nun detallado manual de uso interno que Inés Fernández-Ordóñez se encargou de reunir e do que se ofrece aquí unha versión reducida.
 
Documento de Criterios
Documento de Abreviaturas