Nun principio pensouse en Amado Alonso como único enquisador para o Atlas Lingüístico de la Península Ibérica, pero despois as circunstancias aconsellaron acudir a varios enquisadores adestrados por Navarro Tomás na metodoloxía do traballo de campo. Desde o primeiro momento descartouse a enquisa por correspondencia e insistiuse na necesidade de facer enquisas in situ, e de utilizar a transcrición fonética.

La investigación del ALPI se realizaría directa y personalmente por encuestadores especialmente preparados para efectuar la tarea con estricta uniformidad metódica. Se formarían tres equipos, uno por cada una de las tres zonas lingüísticas peninsulares: castellana, gallego-portuguesa y catalano-valenciana. Cada equipo estaría formado por dos jóvenes nativos de la zona.

                                                                                                                                                              (Navarro Tomás 1975: 10)

 

O primeiro equipo de enquisadores estivo composto por Aurelio M. Espinosa fillo, Rodrigo de Sá Nogueira, Lorenzo Rodríguez-Castellano, Manuel Sanchis Guarner, Aníbal Otero, Francisco de B. Moll e Armando Nobre de Gusmão.

No comezo, encargáronse da zona castelá Aurelio M. Espinosa, Jr., "de familia novo-mexicana de clase universitaria", e Lorenzo Rodríguez-Castellano, asturiano; da zona catalano-valenciana, Manuel Sanchis Guarner, valenciano, e Francisco de B. Moll, menorquino; e da zona galego-portuguesa, Aníbal Otero, galego, e Rodrigo de Sá Nogueira, portugués, substituído despois por Armando Nobre de Gusmão.

Lorenzo R-Castellano e Sanchis Guarner. Monasterio de Piedra. FRC
M. Sanchis Guarner e L. Rodríguez-Castellano FRCFRC (Fondo Rodríguez-Castellano)

Aurelio Espinosa fillo
Aurelio M. Espinosa fillo FRCFRC (Fondo Rodríguez-Castellano)

Lorenzo Rodríguez-Castellano e Aurelio Espinosa hijo
Espinosa fillo e Rodríguez-Castellano ARC ARC (Archivo Rodríguez-Castellano)

Los encuestadores co Ford
Sanchis Guarner, Moll e Espinosa co Ford. FRCFRC (Fondo Rodríguez-Castellano)

Aníbal Otero enquisando
Aníbal Otero enquisando

   

Cando no verán de 1936 se interromperon os traballos, estaban acabadas as enquisas da zona leonesa, feitas por Espinosa con Rodríguez-Castellano e Espinosa con Otero; as da zona castelá, realizadas por Navarro con Espinosa, Espinosa con Rodríguez-Castellano, Espinosa con Otero, e Sanchis Guarner con Rodríguez-Castellano; e as da zona galega, case todas asinadas por Otero con algunha colaboración de Espinosa. Naquel momento, as enquisas do catalán, a cargo de Sanchis Guarner e Moll, estaban moi avanzadas e, na zona portuguesa, o equipo de Otero e Gusmão acababa de empezar os traballos.

Segundo a Introducción do ALPI, en 1947 Sanchis Guarner e Moll acabaron as enquisas da zona catalá e Rodríguez-Castellano, as de Asturias; e no verán de 1952 Sanchis Guarner e Moll fixeron as enquisas do Rosellón. Máis lles custou facer a Luìs F. Lindley Cintra e a Aníbal Otero, entre 1953 e 1954, as enquisas portuguesas pendentes, que non se remataron ata 1956.

 

Máis información sobre os enquisadores na lapela Fotografías dos enquisadores

 

Mapa que refleja quiénes hicieron las encuestas en cada lugar

Mapa que mostra os lugares investigados polos enquisadores